EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO ÁS FRAGAS DO EUME

As Fragas do Eume son un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997 e que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez. O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos do continente europeo, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos. A excursión de Fin de Curso fixémola a este paraíso que temos na nosa contorna. Un lugar marabilloso pola súa riqueza de fauna e flora, pero tamén cheo de paz e de beleza. Nós fomos polos carreiros á beira do río e pasámolo día comendo ao aire libre e facendo xogos e debuxos. Xa queremos volver!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario