NO RECUNCHO DA MARUXAINA

Fixemos un recuncho de lectura e diálogo na nosa aula, inspirado na lenda da Maruxaina e enchémolo de debuxos preciosos de sereas. Encántanos ler neste lugar. A Maruxaina é unha serea, que berra para avisar ós mariñeiros dun posible naufraxio. É metade peixe e metade muller. Vive na Cova de Xan Bello, nas illas do Farallón, baixo o illote da Sombriza,. Hai quen a consideira unha protectora dos mariñeiros, que pasa o tempo fiando e cando vai mal tempo sobe a un penedo e desde alí ponse a berrar ou tocar o corno para dar aviso de que non se debe saír ó mar. Outros din que A Maruxaina era unha serea da Mariña de Lugo, e que os mariñeiros atraídos polos seus cantos melodiosos, ou polos seus berros, sufrían constantes naufraxios naquelas costas, especialmente nos cantís dos Farallóns. Nós preferimos pensar que A Maruxaina é a nosa amiga e que nos avisa co seu corno e a buxaina de que é a hora de ler e de compartir cos nos@s compañeir@s.