BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PONTEDEUME


Estivemos na Biblioteca Municipal, como cada ano, descubrindo todo o que nos ofrece "A Cátedra" durante o curso e tamén en verán.
Foi un momento de convivencia cos nosos compañeiros e compañeiras de segundo que nos gustou moito.

CONCERTO DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA 2012. A Coruña


Dentro do Festival Mozart 2012, tivemos a ocasión de asistir ao espectáculo Romeo y Julieta da compañía catalana PER POC, que xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia, fixeron que o pasaramos moi ben.
A maxia das marionetas, que desenrolaron a acción sobre a música de Sergei Prokofiev, fixo una proposta moi visual e divertida para todos e todas.