NA SALA DE INFORMÁTICA


 
Estamos preparad@s para as novas tecnoloxías, pois cada día traballamos nos ordenadores na nosa aula, pero o que máis nos gusta, e que chegue o martes para ir á Sala de Informática, porque vemos o noso Blog e as novidades que temos no cole. Tamén traballamos recursos de Coñecemento do Medio e de outras materias que nos encantan.

DÍA DA PAZ 2011


 


O 30 de xaneiro conmemoramos o pasamento de Gandhi, quen foi asasinado no ano 1948. A   UNESCO conmemorou no ano 2000 o ano da Cultura de Paz. Desde entón loitamos contra a guerra e tódalas formas de violencia, para poder garantir os dereitos humanos

Imos dar un paso adiante nesta data tan importante, porque somos amig@s que se axudan sempre. O máis importante é o respecto.
Tod@s xunt@s podemos voar coma as nosas pombas da PAZ!!!