NADAL 2013






Cantando unha Panxoliña, chegamos ao Nadal e vos desexamos moita ledicia en familia nestas festas.

                                               FELICES VACACIÓNS!!!



Traballamos duro no primeiro trimestre e xa temos os resultados da primeira avaliación. Agora a seguir traballando, pero antes unhas merecidas vacacións. PARABÉNS!!!


 NICO GANADOR DE PRIMEIRO CICLO DO CONCURSO DE DEBUXO CASTELO DE ANDRADE 2013 PARABÉNS !!!



Tamén participaron no concurso: Inés, Claudia, Olga e Carlos . PARABÉNS  a tod@s.









EXCURSIÓN A BETANZOS

TEATRO "ACUARIO"

VISITA AO CASTELO DE ANDRADE

Fomos visitar o castelo para coñecer mellor o noso contorno e aprender un pouco da nosa historia, xa que este curso estamos traballando unha etapa ben importante: A Idade Media. O castelo de Andrade ou dos Condes de Andrade, foi mandado construír por Fernán Peres de Andrade, O Boo, quen comezou as obras no ano 1369 sobre a ruína dunha antiga fortaleza. A partir do século XIV foi denominado como Alcázar dos Andrade. No ano 1467 foi destruído a causa das revoltas irmandiñas e tal e como o coñecemos agora foi o resultado dunha profunda restauración levada a cabo polo arquitecto Tenreiro a instancia do duque de Alba no século XIX

SAMAÍN 2013

Presentámola receita que fixemos no Primeiro Ciclo, para celebrar o Samaín e a Festa da Froita deste ano. Ides ver cómo colaboramos para facer a tarta da "Profe Isabel" con améndoas tostadas, cacao, galletas, manteiga e leite condensado. Quedóunos de película e estaba riquísima!!!
Xa andamos a preparar o Samaín que, coma en outros anos, coincide ca celebración da 6ª Festa da Froita. Nesta ocasión presentamos receitas de cociña que aproveitan os froitos secos propios do outono. Tamén faremos un mercado medieval, así que vos animamos a que vos vistades como en épocas ancestrais, porque xa temos o noso escudo feito por Lucía. Parabéns Luci!!!!


RECEITAS DE COCIÑA CON FROITOS SECOS

                                  
PASTEL DE MÚSICO                CARLOS
INGREDIENTES
1 cunca de fariña
4 ovos
1/2 cunca de azucre
1/2 cunca de aceite                            
1/2 limón
Pasas, noces, abelás e améndoas torradas
1 sobre de roial
PREPARACIÓN:
 Bater os ovos e engadir a fariña, o azucre, o roial, a raspadura de medio limón e o seu zume. Remover todo para que quede ben mesturado.
Engadir as pasas á masa (enfariñalas previamente para que non vaian ao fondo) e as noces ben picadas e mesturar todo moi ben.
Verter a mestura nun molde untado con manteiga e enfariñalo.
Poñer no forno previamente précalentado e cociñalo  a 180 graos por 40 minutos

Cando o biscoito xa estea frío, pódese cubrir con chocolate fondant e decorar con améndoas.

TARTA DE NOCES                   ALEJANDRO
INGREDIENTES
1 1/2 quilos de noces                                
 1/4 quilo de azucre
 1/4 quilo de fariña
  1/4 quilo de manteiga               
  4 ovos
  1 cullerada de roial
  1 cullerada de raspadura de limón
   Azucre.
PREPARACIÓN
Cáscanse as noces,  pártense á metade e se reservan.     
Bátese a manteiga co azucre, se lle van incorporando os ovos enteiros, de un en un, a raspadura de limón e a fariña co roial.

Vértese a masa nun molde untado de manteiga, colócase unha capa de noces e así sucesivamente. Meter ao forno  con temperatura moderada uns vinte minutos ata que o biscoito estea ben cocido. Xa frío se desmolda e se adorna con noces.
                                         

BISCOITO DE NOCES                    SOFIA    
INGREDIENTES:
  3 ovos.
  1 vaso de leite.
  1 vaso de aceite.
  2 vasos de azucre.
  3 vasos de fariña.
  1 sobre de roial.
  raspadura de limón.                        
  200 gr. de noces picadas.

PREPARACION:
 Mestúranse tódolos ingredientes e se reservan as noces. Cando esté todo l ben mesturado e a masa sexa uniforme, se lle engaden as noces picadas.
 Se precalenta o forno e se coce a 175 graos durante 30 - 40 minutos

LICOR DE NOCES                         NICO 
INGREDIENTES:
 6 noces
 1 litro de caña,
1/2 litro de auga
1/2 quilo de azucre
 canela en rama.                           

PREPARACION:
Bótanse as noces na caña 6 días. Quéntase o auga co azucre e se mestura todo


TRONCO DE CASTAÑA                      AARON  
INGREDIENTES:
 1 quilo de castañas
 1/2 l de leite,
 50 gr. de manteiga
125 gr. de chocolate
 nata montada con azucre
  
  PREPARACION:      
Escaldalas castañas e pelalas, logo poñelas a cocer co leite 20 ou 30 minutos a fogo lento.
Trituralas e mesturalas co chocolate e a nata a fogo lento removendo. Cando teñas unha boa mestura, botala nun recipiente cuberto con papel anteadherente e metela no frigorífico de 3 a 4 horas.
 Cando estea ben fría desmoldala e adornala con nata.



TRUFAS DE NOZ                          LUCIA                         
INGREDIENTES:
250 gr. chocolate en po
Medio bote de leite condensada
200 gr. noces molidas
Unha xema de ovo
Chocolate raiado

PREPARACIÓN:
Mestura o chocolate en po co leite condensada, as noces raiadas e a xema de ovo. Deixar no conxelador e retiralo cando teña endurecido. Facer unhas boliñas e rebozalas co chocolate raiado.



QUEIQUE DE NOCES            MARTÍN

INGREDIENTES:
1 iogur de limón
6 ovos
1 sobre de roial
2 iogures (de medida) de fariña
2 iogures de azucre
1 iogur de aceite
raspadura de un limón
noces peladas

PREPARACIÓN:
Batémolos ovos co azucre. Preparamos nun prato a fariña mesturada co sobre de roial para que suba uniformemente.
Engadímolos ovos batidos, o iogur, o aceite, a raspadura do limón e mesturamos todo ben. Pouco a pouco engadímola fariña ata que non queden grumos.
Preparamos un molde untado de manteiga e espolvoreamos con fariña.
 Co forno previamente quente a 200ºC  vertemos o contido da mestura no molde. De seguido salpicamos por riba da masa as noces picadiñas para que  queden no interior.
Despois de dez minutos de cocción, abrímolo forno  e rapidamente, para que non perda demasiada calor, salpicamos outro puñado de noces troceadas, que se quedarán na parte superior de queique.
Cocemos como mínimo outros dez minutos e para saber si xa está feito,  vemos a cor do queique e para  máis seguridade, pinchamos un palillo de madeira e si  sae limpo, é que xa está listo.



BISCOITO DE CHOCOLATE E FROITOS SECOS    INÉS

INGREDIENTES:
100 grs. de manteiga                        
100 grs. de azucre
125 grs de améndoas picadas
200 grs de chocolate negro
50  grs de  fariña
100 ml de nata liquida
1 cullerada de roial
5 ovos

PREPARACIÓN:
Mesturámola manteiga co azucre e engadimos as xemas dos 5 ovos.
Incorporámola fariña e as améndoas picadas.
Fundimos o  chocolate a fogo lento e o mesturamos ca nata líquida.
Engadimos o chocolate fundido á mestura anterior.
 De seguido montamos las claras de ovo e as incorporamos pouco a pouco.
Vertémola masa nun molde e a metemos no forno a 180º durante uns 45 minutos aproximadamente.   



FLAN DE CASTAÑAS         CLAUDIA
INGREDIENTES:
1 litro de leite
12 xemas de  ovo
500 gramos de castañas
250 gramos de azucre
unha rama de canela
PREPARACIÓN:

Cocelas castañas 15 minutos en agua e pelalas. Despois as cocemos outra vez no leite e ca rama de canela 10-15 minutos. Aparte preparámolas doce xemas e as ligamos co azucre. Batemos todo e vertémolo en moldes sobre caramelo. Seguidamente o metemos no forno  quente a baño maría a 180-200 graos durante 40-50 minutos.



FLAN DE CASTAÑAS (II)       RICHI e ROBER
                                      
INGREDIENTES:
1\2 quilo de castañas                       
250 gramos de azucre
4 ovos                     
1 vaso de leite
 vainilla en po.

PREPARACIÓN:
 Pelamos as castañas e as poñemos a cocer ata que podamos quitarlles a segunda pel. Una vez peladas, as poñemos a cocer cun vaso de leite, 150 gramos de azucar, a vainilla e cando estén desfeitas as pasamos por un coador, agregándolles máis leite si fora preciso.
Seguidamente mesturamos esta pasta cas 4 xemas e o resto do azucar removendo ben.  Logo engadímolas claras a punto de neve, poñendo todo nun molde untado de caramelo. Finalmente o cocemos a baño María.

MOUSSE DE NOZ                 OLGA
INGREDIENTES:
250 gramos de azucre glas                           
250 gramos de manteiga
250 gramos de noces peladas
4 ovos
un chorro de coñac

PREPARACIÓN:
 Mestúrase o azucre coa manteiga na batedora ata que quede feita unha crema. Engádense as xemas e se baten incorporando ao final as noces molidas. Súbense as claras a punto de neve e se mesturan.
Úntase un molde con manteiga, se bota a mestura e se introduce no conxeador.
Para servir se desmolda e se adorna por riba con noces peladas.


TARTA DE FROITOS SECOS E MEL      PABLO
INGREDIENTES:
Para a base:
250 gramos de fariña                                         
3 cullerada de azucre
100 gramos de manteiga
esencia de vainilla
1 ovo
Cuberta:
400 gramos de mel
100 gramos de manteiga derretida
100  gramos de noces partidas
100 gramos de améndoas partidas
100 gramos de abelás
150 gramos de pasas sen pebidas
optativo: unha pouca de canela ou esencia de vainilla 

PREPARACIÓN:
Desfacer a manteiga ca fariña e mesturar co azucre, o ovo, a esencia.
Xunguir todo sen amasar incorporando si es necesario unha ou dúas culleradas de auga. Manter na xeadeira 20 minutos.
Estirar nunha tarteira de 24 cm. enmanteigada e enfariñada. Pinchar cun garfo e metar no forno uns 10 minutos a 170º.
Nunha pota derretir a manteiga co mel e mesturala suavemente ata que se forme unha salsa acaramelada, despois retirala do lume e engadirlle os froitos secos.
 Volcar a preparación sobre a tarta precocida e levar a forno medio 15 minutos.





APERTURA DA BIBLIOTECA 2013



Estes días pasamos pola biblioteca para recordar as normas de uso, horario, emprestitos, distribución dos espazos, presentación do novo equipo de alumnos/as colaboradores e a HORA DE LER.
Se queredes consultar os documentos, podedes premer  AQUÍ.
  • Guía da biblioteca.
  • Calendario do Libro e a Lectura.
  • Titoriais de Recursos Meiga.
  • En que consiste a "Hora de Ler"?
  • Mochilas Viaxeiras.
  • Decálogo Lector.
  • Itinerarios Lectores. 

FIN DE CICLO 2011-2013 PARABENS!!!!


 Seguimos ruta para terceiro cheos de soños e de emoción. Atrás quedan dous cursos onde aprendimos xogando e que xa non esqueceremos.

                   

CONVIVENCIA FIN DE CURSO 2013. PRAIA DE CABANAS

Rematámolo curso cunha convivencia na praia da Magdalena de Cabanas e foi moi divertido compartir con tódolos compañeiros e compañeiras do colexio. Non fixo moi bo tempo, pero pasámolo fenomenal e xa a carón do verán e das merecidas vacacións.

DIA DO LIBRO 2013

       
 A nosa mellor lectora deste curso foi Judit. Parabens!!!!

 

CASA DO QUEIXO EN GRIXALBA


 Pasamos un día marabilloso na Casa do Queixo, asistindo aos obradoiros e compartindo cos animais, especialmente cos cabalos que tanto nos gustan. Fixemos queixo, traballamos a la e o reciclaxe de produtos. O mellor é que trouxemos diplomas que amosan o noso traballo.

 

DIA DA POESIA 2013



 Cada 21 de marzo celebramos o Día da Poesía desde que no 2001 a UNESCO, mediante esta acción, trata de resaltar a diversidade dos idiomas a través da expresión poética, así como de apoiar á poesía na súa tradición oral. Con motivo da actividade, RAIOTECA nos compartiu as bases do concurso FOTOPOEMA que podedes ver premendo na palabra. Finalmente comentarvos que cantamos con moita alegría a canción "María e a poesía" do libro "A nena e o grilo nun barquiño".

DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA 2013



                     AS MULLERES QUE NOS RODEAN                      

As mulleres que nos rodean, foi o noso proxecto do Día Internacional da Muller  Traballadora este ano, consistente en resaltar a unha muller moi especial nas nosas vidas, e para enxalzala, escribimos un texto sobre os aspectos da súa personalidade e sobre as cousas máis importantes que vivimos con elas. 
Ilustramos ás seleccionadas cunha foto e tamén participamos as profes. 
Nós eliximos ás nosas nais, avoas, tías e madriñas. Parabéns a esas mulleres que co seu exemplo nos axudan a ser unhas mellores persoas e a respectar o traballo de tódalas mulleres do mundo!!!!


DIA DE ROSALIA DE CASTRO



Conmemoramos este ano a data do nacemento de Rosalía de Castro, ademáis da celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, considerada a primeira gran obra da literatura galega contemporánea, símbolo do pobo e representación dun canto colectivo ao empregar a nosa lingua.

ENTROIDO 2013





Este ano tocounos ser LOBOS e resultou moi divertido
 facer un rap do conto "Os Sete Cabritos e o Lobo" cos 
nosos compañeir@s de 1º que fixeron de cabritos. 
As caretas quedaron  fantásticas grazas ao traballo das
 nosas familias que axudaran para que lográramos estar así de TERRORÍFICOOOSSSS

DIA DA PAZ 2013. APERTAS DE PAZ



O día 30 de xaneiro é o día Escolar pola PAZ e no noso cole celebrámolo baixo o lema: APERTAS DE PAZ Foi unha celebración moi especial, máis ainda porque recibimos a visita da TVG que nos fixo unha fantástica reportaxe. Felices APERTAS!!!



CARDITO CARACOL. Obra de Teatro






Tódolos animais do bosque vivían felices porque sabían de memoria a única regra que tiñan que cumprir, "nunca traspasaremos os límites do noso bosque." Pero un día Cardito Caracol desobedeceu e viu as casas dos seres humanos. Entón el insistiu en ter unha casa como a deles. A Fada concedeulle o seu desexo e cambiou a súa concha de caracol, nunha casa de ladrillos pesados. Así foi como Cardito aprendeu a aceptarse tal e como era e arrepentiuse de non valorar o que tiña grazas a Nai Natureza.









CHEGOU O NADAL 2012



                         
                                              
 

NADAL É SOLIDARIDADE, É COMPARTIR, É ESTAR EN FAMILIA E VIVIR AS NOSAS TRADICIÓNS. BOAS FESTAS!!!