DIA DO LIBRO 2010




Fantástico programa de actividades para
celebrar o DÍA DO LIBRO, pois ademáis das "Lecturas Compartidas" e do proxecto "Apadriñar un lector", fixemos tarxetas dos nosos libros preferidos que foron expostas para disfrute de tod@s. Tamén participaron as profes.
Sergio e Rebeca foron os escollidos para representar a todo o Primeiro Ciclo e leron moi ben . Rebeca falou da "Rana Pascuala", que se convertíu en princesa e fixo un debuxo moi bonito. Sergio explicou como a mariquita de sete puntos , Renata, perdeu as súas cores ca chuvia, pero foinos conseguindo pola solidaridade de outros ata conseguilos todos e finalmente convertirse nun arco da vella.
Tamén foron distinguidos Andrea e Sergio por ser os millores lectores do primeiro ciclo.
Pasámolo moi ben e cada día nos gusta máis ler.

Taller para facer o agasallo do DÍA DA NAI




 
DIA DA NAI 2010

Traballamos moito para o agasallo que lle imos dar as nosas nais, porque elas nos queren moito e nós tamén. Xa os nosos pais se puxeron moi contentos ca tarxeta que lles dimos no Día do Pai e agora estamos segur@s de este cadro vai ser unha sorpresa moi molona.



APADRIÑA UN LECTOR-A

LECTURAS COMPARTIDAS: Charo Pita


Charo Pita (A Coruña, 1966) escrebe desde os dez anos  e traballa de contacontos. Canta nun grupo de música medieval e fai pouco foi premiada pola súa obra Invernos a Medida, coa que gañou o IV certamen de Contos de Inverno da Caja de Navarra.

Nós tivemos a sorte de contar coela na actividade de Lecturas Compartidas, onde nos fixo pasar un rato maravilloso a nen@s e maiores.

 

AFORRANDO ENERXIAS



Chegou ao noso colexio a exposición
AFORRANDO ENERXÍAS da Asociación Lapis Verde, que trata de concienciarnos de que non debemos malgastar un ben tan  preciado. Mediante 15 paneis moi ben ilustrados por Leandro Lamas, poidemos coñecer formas sinxelas de aforro que nós mesmos podemos poñer en práctica, como apagar as luces cando non as necesitemos.
Foi una experiencia divertida e moi interesante.

 

Nadal 2010








Mochilas Viaxeiras 2010

A experiencia das Mochilas Viaxeiras permite achegar ás familias materiais de lectura e recursos audiovisuais a través do propio alumnado, que exerce de "mediador" entre a escola e a casa.
Este ano, Uxía Martínez de Primeiro Curso, foi a nosa representante na actividade e iniciou o camiño de ler en familia.  Despois, tod@s disfrutaremos dos contos e dos CD´s que nos prepararon en Radioteca.  


Entroido 2010

Cómo gozamos co Entroido deste ano disfrazados de Banda do Circo. Bailamos, desfilamos e compartimos coa nosa familia un momento de ledicia..... Xa estamos preparad@s para o próximo ano!!!

Aquaciencia.Ferrol 2010


 
 

Nunha extensión duns 5000 m2, o Xardín Didáctico Aquaciencia é un recinto que aproveita as súas características medioambientais para amosar todas as funcións da auga. En estado natural, formando ríos e lagoas, ou canalizada artificialmente, a auga é a protagonista do espacio.Como visitantes paseamos polo xardín e, mediante distintos enxeños, trebellos, maquetas, paneis e xogos, descubrimos a auga, a súa enerxía e os seus principios dinámicos...Moitos gozaron tanto, que queren repetir

The alphabet song


Hello children!
Now you can sing the Alphabet song´s of the class.
Click on the video!
Sing them and have fun!


Ola nenos e nenas!
Xa podedes cantar as cancións do alfabeto que estamos aprendendo na clase. Pulsa no vídeo!
cantar e a divertirse!

BYE, BYE!
                                              The Teacher
Canción do alfabeto sen música

Canción do alfabeto con música