E PARA REMATAR...

...pechamos outra etapa, unha escaleira que construimos ata chegar a este punto, entre tod@s, con esforzo e ilusión.

Do conxunto das aprendizaxes que recibimos, ademais dos contidos que precisamos para a nosa construción como persoas, a máis importante que debemos lembrar para o próximo curso é: a importancia da palabra EQUIPO e todo o que conleva. Pois o camiño de aprender non é individual, senón que se fai cos nosos compañeiros e coas nosas compañeiras. Crecemos axudando, colaborando, respectando e valorando as emocións, ideas e opinións do noso grupo. Confío en que faredes o equipo máis forte na próxima etapa, só así deseñaremos unha sociedade mellor no futuro.

Loitade xuntos para acadar os vosos soños. Podedes superar todos os obstáculos se así o facedes.


1000 GRAZAS:

Aos meus alumnos e ás miñas alumnas por facerme mellor mestre.
Ás familias pola súa atención e pola súa escoita.
Aos meus compañeiros e ás miñas compañeiras, e demais persoal escolar, pola súa colaboración e coidado, para facer deste curso non un lugar de traballo, senón un fermoso fogar familiar.

Espero coincidir con tod@s nun futuro próximo. Ata sempre! :-)

"Hace falta la tribu entera para educar a un niño" - Proverbio africano.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

A Granxa O CANCELO foi o destino da excursión para todo o CEIP de Andrade. Alí tivemos a ocasión de observar todo o ciclo do leite, dende a súa orixe ata a xeración dos diferentes productos lácteos. Tamén tivemos a "deliciosa" oportunidade de probar diversos tipos de leite, batidos e, por suposto, os riquísimos "bicos de xeado":