DÍA MUNDIAL DA POESÍA 2012. ADICADO ÁS MULLERES DO COLE



Marabilloso Día da Poesía que celebrou Raioteca, pois o adicou a todas as mulleres que traballamos no cole e foi realmente moi emotivo.

Noutras ocasións as nenas e nenos creamos poemas adicados ao noso cole, ás cousas da natureza, a persoas tan importantes como as nosas nais...pero este ano Raioteca se marcou un novo reto: Adicoulle o día da poesía 2012, ÁS MULLERES DO COLE. Por eso @s de 1º e 2º recitamos o poema: “Xogando, xogando” para as nosas profes: Graci e Cointa, que nos diron mileeesss de grazas e moitos bicos!!!!!!

CELEBRANDO O 8 DE MARZO CON GONZALO MOURE

O DIA INTERNACIONAL DA MULLER, tivo este ano unha participación moi interesante, pois recibimos ao escritor Gonzalo Moure, quen nos entusiamo coas súas maravillosas historias e co seu proxecto "Bubisher". Moitos de nós tivemos a sorte de que nos firmara un libro e todos disfrutamos das respostas que nos deu a tantas preguntas que lle fixemos. Agradecemos a RAIOTECA o seu esforzo para conseguir que Gonzalo estivera con nós nunha data tan importante.

24 de Febreiro, " DIA DE ROSALÍA DE CASTRO"



Iniciamos unha nova andadura, recordando o día do nacemento de Rosalía e para celebralo, Raioteca nos convocou a participar na lectura da súa biografia, baseada no libro: "Rosalia" escrito por Helena Villar Janeiro e ilustrado por Ánxeles Ferrer.
En cada ciclo fixemos o recitado dalgún dos seus poemas relacionados con momentos da súa vida. Aos alumnos e alumnas do primeiro ciclo tocounos recitar:

"Miña Santiña", "Iste Vaise e Aquel Vaise" e "Has de cantar"

ENTROIDO 2012



Este ano dedicamos O ENTROIDO a representar unha historia fantástica, a de KIRIKÚ E KARABÁ. Kirikú representa a un neno africano que con valentía logra liberar á súa tribo da bruxa Karabá. Despois de moitas aventuras, Kirikú se fai maior e namórase de Karabá, conseguindo liberala dunha espiña que facía que se comportase mal. Finalmente Kirikú e Karabá se casan e toda a tribo baila celebrando este momento.

O mandato dos MECOS fixo que leváramos gafas.... E non poidemos negarnos