SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2012






RAIOTECA: DIA DAS LETRAS GALEGAS 2012


Valentín Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra) e morreu en Vigo o 19 de maio de 1987. Está enterrado no seu Lérez natal. Escolarizouse en Pontevedra e posteriormente estudiou a carreira de Dereito en Santiago. A partir de 1921 exerce de avogado en Vigo. Entre 1922 e 1926 dirixe nesta cidade o xornal Galicia. En 1934 é nomeado Secretario do Partido Galeguista, en substitución de Castelao.
Demostrou unha viva preocupación polos temas pesqueiros e pola problemática socioeconómica de Galicia. Impulsor de Pescanova, empresa da que foi vicepresidente, e técnico da FAO, foi o primeiro especialista español proposto por esta organización das Nacións Unidas para misións internacionais en Hispanoamérica. 
Poeta da Xeración de 1925. En 1955 escribe Pranto matricial, no que evoca a morte de Castelao. Tamén destacan as súas obras: Sementeira do vento (1968) e Cen chaves de sombra (1979)

CHARLA SOBRE HIXIENE DENTAL








Tivemos unha charla sobre HIXIENE DENTAL que foi moi interesante, pois aprendimos a importancia de manter os nosos dentes sans cunha boa hixiene e tamén que non podemos comer moitas chuches.....ainda que de cando en vez non importa, pero sempre temos que cepillarnos ben os dentes e a lingua despois de comelas.

DIA DO LIBRO 2012



Como cada celebramos o Día do Libro, que xa sabedes faise o día 23 de abril internacionalmente.

 A actividade que máis nos gustou foi:   ADIVIÑA QUEN SON,  porque mediante unhas pistas, poidemos decubrir moitos contos fantásticos que xa tíñamos lido.



Tamén este ano destacou HUGO como MELLOR LECTOR 2012 DE 1º. PARABÉNS!!!!!!

Non deixes de ver as Actividades que organizou RAIOTECA nunha data tan especial.
                                    
                                       FELICIDADES LECTOR@S!!!!!!!!

 ACTIVIDADES DIA DO LIBRO RAIOTECA