E PARA REMATAR...

...pechamos outra etapa, unha escaleira que construimos ata chegar a este punto, entre tod@s, con esforzo e ilusión.

Do conxunto das aprendizaxes que recibimos, ademais dos contidos que precisamos para a nosa construción como persoas, a máis importante que debemos lembrar para o próximo curso é: a importancia da palabra EQUIPO e todo o que conleva. Pois o camiño de aprender non é individual, senón que se fai cos nosos compañeiros e coas nosas compañeiras. Crecemos axudando, colaborando, respectando e valorando as emocións, ideas e opinións do noso grupo. Confío en que faredes o equipo máis forte na próxima etapa, só así deseñaremos unha sociedade mellor no futuro.

Loitade xuntos para acadar os vosos soños. Podedes superar todos os obstáculos se así o facedes.


1000 GRAZAS:

Aos meus alumnos e ás miñas alumnas por facerme mellor mestre.
Ás familias pola súa atención e pola súa escoita.
Aos meus compañeiros e ás miñas compañeiras, e demais persoal escolar, pola súa colaboración e coidado, para facer deste curso non un lugar de traballo, senón un fermoso fogar familiar.

Espero coincidir con tod@s nun futuro próximo. Ata sempre! :-)

"Hace falta la tribu entera para educar a un niño" - Proverbio africano.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

A Granxa O CANCELO foi o destino da excursión para todo o CEIP de Andrade. Alí tivemos a ocasión de observar todo o ciclo do leite, dende a súa orixe ata a xeración dos diferentes productos lácteos. Tamén tivemos a "deliciosa" oportunidade de probar diversos tipos de leite, batidos e, por suposto, os riquísimos "bicos de xeado":


BIBLIOTECA DE PONTEDEUME

Sempre é un bo momento para visitar a Biblioteca Municipal onde, entre outras cousas, tivemos a ocasión de ver un fermoso conto.






LETRAS GALEGAS

Este ano, para homenaxear á gran escritora María Victoria Moreno, os nenos e nenas de 2º ilustraron e presentaron XA NON TEÑO MEDO!, que forma parte da obra EU CONTO, TI CANTAS...

DÍA DA POESÍA

Para celebrar este día e, baixo a temática da robótica cada vez máis presente nas nosas vidas, Daniela Sánchez presentou un orixinal poema que podedes ver e escoitar a partires do minuto 1:28:


Ao seguinte día, máis compañeiros e compañeiras da nosa clase presentaron as súas imaxinativas creacións:

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Neste día tan especial e significativo, lembramos ás mulleres que deron un paso decisivo para acadar a igualdade. O noso curso presentou a IRENE GONZÁLEZ, a primeira muller futbolista:

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Neste día tan especial, no que cada curso recitou algúns dos grandes poemas desta inesquecible escritora, o noso compañeiro Alexandre foi o encargado de ler o poema II de ¡Terra a nosa! Podedes velo a partires do minuto 5:03:


Todos os nenos e nenas de 2º debuxamos o que este poema evocaba nas nosas mentes. Neste enlace están os nosos traballos: https://issuu.com/andrade/docs/2_

Enlace ao blog da biblioteca do cole: http://biblioandrade.blogspot.com.es/2018/02/24-de-febreiro-dia-de-rosalia_28.html


ENTROIDO

As Novas Tecnoloxías teñen un papel indispensable na nosa vida. Coa finalidade de comprendelas e entender mellor a súa evolución, foron o tema escollido do Entroido da nosa escola.
A continuación, podedes gozar do desfile e da actuación que fixemos cos nosos compañeiros e compañeiras de 1º curso. Esperamos que vos guste:





NADAL

Xa podemos revisar a actuación de Nadal na que colaboramos cos nosos compañeiros e compañeiras de 1º. Esperamos que vos guste: