FESTIVAL DE NADAL 2016

O derradeiro día de clase tivemos moita actividade, porque fixemos a entrega de notas e actuamos no Festival de Nadal. Deunos moita pena de que Sabela e Uxía non puideran participar, pero sabemos que estaban con nós desde o seu corazón. Un bico para as dúas. E para tod@s os demais, non deixedes de pasalo moi ben coas vosas familias e que recibades moitos agasallos, especialmente o cariño de tod@s. BO NADAL!!!!
ENTREGA DE NOTAS

PREPARAD@S PARA A FUNCIÓN
UN SELFIE COA PROFE
A NOSA SABELA NON CHEGOU A TEMPO PARA A FUNCIÓN PERO TAMÉN DIXO QUE "XA LLE TARDAN ESTES MAGOS"
AS PROFES DE MÚSICA E DE PLÁSTICA NOS TROUXERON TURRON DE CHOCOLATE. QUE RICO!!!
CHEGARON OS PAXES DOS REIS MAGOS
E PARA REMATAR, FIXEMOS UNHA GRAN FESTA



ZELTIA CUMPRE 7 ANOS

XA ME TARDAN ESTES MAGOS



 Estes días andamos a argallar a función do Nadal e fixemos uns debuxos moi simpáticos para interpretar a CANTIGA DE GLORIA MOSQUERA ROEL, DE MAMÁ CABRA: “XA ME TARDAN ESTES MAGOS”. Aquí vola deixo para a practiquedes ben, porque xa non queda nada.

CHEGOU O NADAL

Fixemos a nosa árbore de Nadal e o Nacemento, para non perder as tradicións. Como nos tardan xa as festas!!!!

A ESCOLA DE MÚSICA CHARAMELA NO COLE


A Escola De Música Charamela veu ao noso colexio a explicarnos o traballo que fan. Desde 1990 traballan acercando a música aos mozos e mozas de Pontedeume. Presentaron diferentes instrumentos e todos e todas puídemos tocalos. Xa nos dimos conta de que dentro de nós hai moita paixón pola música. A Nosa Silvia foi unha das presentadoras, xa que é alumna desta escola. Estivo fantástica. Parabéns Silvia!!!

CLARA CUMPRE 7 ANOS O DÍA DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

Clara acaba de cumprir 7 anos e cantámoslle o "Cumpleaños Feliz" de Parchís. Estamos contentos de que estes con nós. Non perdas o teu sorriso e enerxía.

OS OITO ANOS DE SARAI

Estamos felices de que Sarai xa cumprira 8 anos e o fixera con tanta ledicia. Desde tempo atrás xa nos andaba a dicir que lle tardaba o aniversario. Agora que xa chegou, compartimos entre tod@s un abrazo de oso, desexándolle que este novo ano teña mil cousas boas para ela.