NADAL 2010


 
Tempo de paz e amor. 
Tempo de solidariedade e de amizade.
En Nadal non debemos esquecer que hai moita xente no mundo que pasa moitas necesidades e axudar aos demais sempre que podamos.


BO NADAL!!!

BIBLIOTÓMBOLA 2010




Radioteca fixo una fantástica festa este ano con motivo da Bibliotómbola, onde tod@s compartimos libros e ledicia.

Para nós a celebración inda foi máis especial porque a nosa Andrea Pardo recibiu unha medalla por ser a mellor lectora do 2010.

Parabéns, rapaciña!!!!



DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACION DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O 25 de novembro celebramos a data que desde o ano 1.999, conmemora a morte das tres irmás Mirabal na República Dominicana, como unha mostra mías da violencia contra as mulleres.


No Colexio representamos unha obra de teatro de Paloma Rodríguez: "O país dos Mandóns" que destaba o mundo negativo e violento no que viven moitas mulleres. Tamén fixemos na nosa clase un taller de debuxos  moi interesante, despois de falar sobre a importancia do respecto. Con todos eles xa creamos o noso primeiro libro, editado pola nosa editorial o TALLER DO LAPIS, que seguirá dando moitas sorpresas ao longo deste curso.