SEMANA DA POESIA 2015



O 21 de marzo celébrase o “Día  Mundial da Poesía” e con este

  motivo realizamos a actividade titulada:

ANDRADE, COMERÍATE A VERSOS, que consiste en recitar as poesías que estaban espalladas polo centro.
Este foi o resultado

CONCERTO DIDACTICO NA CORUÑA 2015




Como cada ano fomos a A Coruña para asistir ao concerto didáctico:"A flor máis grande do mundo" e gustounos moito escoitar a voz de Emilio Aragón acompañada pola música. Se pechabas os ollos parecía que estabas onde o conto. Encántanos a música!!

COMPARTINDO COS BOMBEIROS 2015




O 25 de febreiro tivémola sorte de que os Bombeiros Forestais, viñeran a contarnos como é o seu traballo e canto se teñen que esforzar para manter os montes limpos. Trouxeron diferentes traxes e tamén un camión onde puidemos subir para ver como era por dentro. O que máis nos gustou foi botar auga coa manga de rego porque saía con moitísima forza. Grazas polo voso traballo!!!

ENTROIDO 2015

Nin o frío nin o vento puideron con nós e as nosas medusas bailaron no Entroido que este ano adicamos ao mar.

EXCURSION AOS MUSEOS NAVAL E DE CIENCIAS NATURALES DE FERROL

Pasámolo moi ben nesta saída porque vimos a lura xigante, as tartarugas e o caldeirón no Museo de Ciencias Naturais. Tamén gustounos o Museo Naval, especialmente polos grandes barcos e as maquetas da cidade.

DIA DA PAZ 2015

Este ano adicamos o Día da Paz a coñecer un pouco mellor á paquistaní Malala Yousafzai, galardoada aos 17 anos co Premio Nobel da Paz, pola defensa do dereito á educación das mulleres