SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2012






RAIOTECA: DIA DAS LETRAS GALEGAS 2012


Valentín Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra) e morreu en Vigo o 19 de maio de 1987. Está enterrado no seu Lérez natal. Escolarizouse en Pontevedra e posteriormente estudiou a carreira de Dereito en Santiago. A partir de 1921 exerce de avogado en Vigo. Entre 1922 e 1926 dirixe nesta cidade o xornal Galicia. En 1934 é nomeado Secretario do Partido Galeguista, en substitución de Castelao.
Demostrou unha viva preocupación polos temas pesqueiros e pola problemática socioeconómica de Galicia. Impulsor de Pescanova, empresa da que foi vicepresidente, e técnico da FAO, foi o primeiro especialista español proposto por esta organización das Nacións Unidas para misións internacionais en Hispanoamérica. 
Poeta da Xeración de 1925. En 1955 escribe Pranto matricial, no que evoca a morte de Castelao. Tamén destacan as súas obras: Sementeira do vento (1968) e Cen chaves de sombra (1979)

1 comentario: