OS MAIOS





En Andrade celébrase a chegada do mes de maio con cancións que auguran boas colleitas e coa confección dos "maios",feitos con varas, mirtos, flores e laranxas bravas ou ben maquetas de distintos motivos locais -o castelo, o torreón,...- cubertas de follas e flores.

Son portados aos ombreiros por catro nenos, que antigamente os levaban de casa en casa e cantaban se se lles ofrecía algo a cambio.

En 1986 recuperouse en Pontedeume a tradición vinte e cinco anos esquecida de bailar o "Déitate maio" ou "Danza do Biouteiro", que é un modo de representar o "maio" en forma de danza.

Nós este ano, axudados pola profesora Nieves, aprendimos a facer un "maio palleiro" e outro tradicional de arcos, que despois de levar ao concurso que se celebra sempre na vila, deixamos á entrada do colexio para disfrutalo por uns días, ata que xa se murcharon, pero foi moi bonito compartir esta tradición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario