Estimadas familias, o vindeiro 29 de Outubro vamos celebrar a Festa da Froita Autóctona e tocounos facer en 1º, a TORTA DE MAZÁ, segundo a receita de Sara Stylianou de 4º, e o FLAN DE CABAZA de Martín Couce de 3º
Agardamos a vosa participación, elaborando unha das dúas receitas. Se queredes facer outra receita típica do Samaín, vos pregamos que cubrades unha ficha que estará á vosa disposición no colexio, para engadila ao resto das receitas que se presenten
Axudádenos a ter unha boa representación de 1º e cociñade en familia!!!
Ola!!! Comezamos o cole con moitas ganas de facer cousas, porque agora xa estamos en 1º e somos maiores.
Que ben volver a encontrarnos coas compañeiras e compañeiros!!!
Nas fotos estamos: Pau, Zeltia, Carolina, Silvia, Diego, Sarai, Sabela, Mateo, Uxía, Nerea e a nosa Titora Graci.
Hoxe estivemos estudando o abecedario cunha canción moi divertida. Para poder repasalo, a profe a copio no blogue e así a podemos poñer desde a casa.