Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro. Amosar todas as publicacións

APADRIÑA UN LECTOR OU UNHA LECTORA 2015

Encántanos este proxecto que facemos desde hai varios cursos porque compartimos lecturas por fora e así nos maxinamos mellor aos personaxes dos libros. Grazas Raioteca!!!

DIA DO LIBRO E MELLORES LECTORES 2015




Este curso os mellores lectores foron Ana e Richi, que deron boa conta dos libros da biblioteca . Aprenderon moitas novas palabras e viviron fantásticas aventuras lendo moito. Hai que seguir así porque quen ten un libro, ten un amigo.


DIA DO LIBRO 2014

Hoxe, no noso cole, celebramos esta data tan especial cunha actividade relacionada coa lectura: O APADRIÑAMENTO LECTOR. A nós tocounos compartir cos nosos compañeiros e compañeiras de 5º que nos apadriñaron. Cada padriño ou madriña recibiron unha chapa identificativa e uns marcapáxinas para agasallar aos seus afillados ou afilladas. Grazas RAIOTECA FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!!!