Amosando publicacións coa etiqueta Día Das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

LOLO ANDA EN BICICLETA DE CARLOS CASARES LETRAS GALEGAS 2017



  Os nenos e nenas de 2º fixemos una presentación con debuxos e as nosas voces, da lectura da obra Lolo anda en bicicleta que se editou en 1996 con debuxos de Manuel Uhía, quen recibiu o Premio Rañolas ao libro mellor ilustrado. Foi traducido ao valenciano, o catalán e o euskera.
 Este libro infantil de Carlos Casares é un canto á liberdade e ao goce das cousas máis sinxelas: un paseo en bici, unha boa receita, a familia…
 Lolo quere que os Reis lle traian unha bicicleta, pero por máis que o intenta non o consegue. Así que decide empezar a practicar na do seu pai, Faino ás agachadas, no garaxe, e acaba por converterse nun fenómeno.
 ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!!!!!  🌞
Tamén presentamos o comic: "Comic San de Andrade", elaborado por todo o alumnado do centro en torno ao PDI do colexio para este curso: "HABITOS SAUDABLES".
Para rematar as actividades de conmemoración do Día das Letras Galegas 2017, interpretamos a canción "Chea de vida" de "Gaudi Gaelgo" e finalizamos cantando o "Himno de Galicia"

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011

LOIS PEREIRO, naceu en Monforte de Lemos e fixo en Madrid Ciencias Políticas e Socioloxía e foi en Madrid onde fundou a revista Loia con Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.
A súa vida foi moi complicada, sempre marcada pola enfermidade.
Solo publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). En 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia e de onde nós recollimos os versos adicados ao VERDE e ao MISTERIO.
Quede así o noso pequeno homaxe a Lois.