Amosando publicacións coa etiqueta Excursións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Excursións. Amosar todas as publicacións

EXCURSIÓN AO MUIÑO DO PEDROSO

Pasamos un día marabilloso na Granxa no medio da natureza e gozando cos talleres de pegadas de animais e de sales para o baño moi olorosas. Xantamos cerca do río e baixo as árbores, compartindo cos compañeiros e compañeiras do colexio. Quedamos convidad@s para a próxima!!

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO ÁS FRAGAS DO EUME

As Fragas do Eume son un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997 e que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez. O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos do continente europeo, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos. A excursión de Fin de Curso fixémola a este paraíso que temos na nosa contorna. Un lugar marabilloso pola súa riqueza de fauna e flora, pero tamén cheo de paz e de beleza. Nós fomos polos carreiros á beira do río e pasámolo día comendo ao aire libre e facendo xogos e debuxos. Xa queremos volver!!!!

EXCURSION AOS MUSEOS NAVAL E DE CIENCIAS NATURALES DE FERROL

Pasámolo moi ben nesta saída porque vimos a lura xigante, as tartarugas e o caldeirón no Museo de Ciencias Naturais. Tamén gustounos o Museo Naval, especialmente polos grandes barcos e as maquetas da cidade.

CASA DO MEL E EMBALSE DO EUME 2014


Aquí vos deixamos unha proba do ben que o pasamos na excursión que fixemos á Casa do Mel de Goente e ao Embalse do Eume.



CONCERTO "A BELA ADORMECIDA"












Fomos ver a A Coruña "A Bela Adormecida", ballet con música de Tchaikovski, que nos gustou moito. Olga e Jostin nunca estiveran no Palacio da Ópera e quedaron marabillados coas lámpadas, o grande que é, e vendo á Orquestra Sinfónica de Galicia que tocaba desde a parte baixa do escenario.
 Xa queremos volver!!!


     






TEATRO "ACUARIO"

VISITA AO CASTELO DE ANDRADE

Fomos visitar o castelo para coñecer mellor o noso contorno e aprender un pouco da nosa historia, xa que este curso estamos traballando unha etapa ben importante: A Idade Media. O castelo de Andrade ou dos Condes de Andrade, foi mandado construír por Fernán Peres de Andrade, O Boo, quen comezou as obras no ano 1369 sobre a ruína dunha antiga fortaleza. A partir do século XIV foi denominado como Alcázar dos Andrade. No ano 1467 foi destruído a causa das revoltas irmandiñas e tal e como o coñecemos agora foi o resultado dunha profunda restauración levada a cabo polo arquitecto Tenreiro a instancia do duque de Alba no século XIX

CONVIVENCIA FIN DE CURSO 2013. PRAIA DE CABANAS

Rematámolo curso cunha convivencia na praia da Magdalena de Cabanas e foi moi divertido compartir con tódolos compañeiros e compañeiras do colexio. Non fixo moi bo tempo, pero pasámolo fenomenal e xa a carón do verán e das merecidas vacacións.

CASA DO QUEIXO EN GRIXALBA


 Pasamos un día marabilloso na Casa do Queixo, asistindo aos obradoiros e compartindo cos animais, especialmente cos cabalos que tanto nos gustan. Fixemos queixo, traballamos a la e o reciclaxe de produtos. O mellor é que trouxemos diplomas que amosan o noso traballo.

 

TALLER DE CERÁMICA O CASTRO (SARGADELOS) 2012

Fixemos unha saída ao Taller de Cerámica de O Castro (Sargadelos)  tod o Primeiro Ciclo e gustounos moitísimo porque  vimos como fan as vaixelas e outras obras marabillosas. Como máis gozamos, foi facendo unha cunca que despois decoramos con cores moi bonitos.












EXCURSIÓN Á GRANXA ESCOLA BELELLE

RECICLATERRA 2011

Fantástica experiencia a que vivimos no Aula de Reciclaterra, onde nos enseñaron a facer unha folla de papel reciclado e moitas cousas máis sobre o lixo e a maneira de aproveitar moitas cousas.
A partires de agora, imos fixarnos máis en cómo tratamos a noso contorno.