Grazas aos meus alumnos e alumnas que agora rematan 6º e que na súa graduación tiveron a xenerosidade de darme unhas palabras tan emotivas de recoñecemento do tempo que pasamos xuntos e que o plasmaron nuns debuxos que me chegaron ao corazón. Xa os gardo coma un tesouro.
Grazas aos meus alumnos e alumnas de 4º, polas súas apertas e pola súa emoción, que tan ben pintaron nunhas láminas marabillosas e que xa forman parte do libro "Debuxos para Graci" que con tanto agarimo preparou a miña querida compañeira Encarna.
Grazas ás miñas compañeiras e compañeiros polo seu apoio en estes oito anos de traballo. Formamos un bo equipo e vos desexo o mellor nesta nova etapa.
E para rematar quixera mencionar de maneira moi emocionada e especial, aos meus nenos e nenas de 2º, Pau, Zeltia, Carolina, Nerea, Sarai Clara, Sabela, Silvia, Uxía, Ximena, Mateo e Diego, dos que tanto aprendín en estes dous cursos. Grazas a tod@s, porque a vosa calidade humana permitiume crecer como persoa ao voso lado. Non vos esquezas nunca de perseguir os vosos soños e de recordar que o éxito persoal, sempre depende de saber escoitarnos e respectarnos a nós mesmos, porque así saberedes respectar e escoitar ás outras persoas. Sempre adiante!!!
Querido colexio de Andrade, marcho, pero xa formas parte da miña vida e para min será imposible contar a miña historia sen dicir: "Eu fun profesora dun colexio, onde cada día nacía un soño".
Ata sempre!!!
Educar es lo mismo
que poner un motor a una barca…
Hay que medir, pensar, equilibrar…
y poner todo en marcha.
Pero para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino…
un poco de pirata…
un poco de poeta…
y un kilo y medio de paciencia
concentrada.
Pero es consolador soñar,
mientras uno trabaja,
que ese barco, ese niño,
irá muy lejos por el agua.
Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes,
hacia islas lejanas.
Soñar que, cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos
seguirá
nuestra bandera
enarbolada.
2009-2017 |
2015-2017 |
2013-2015 |
2011-2013 |
2009-2011 |