Este curso comezamos o noso traballo, facendo unha saída escolar á Casa Museo do gran poeta Manuel María, onde lle rendemos unha homenaxe recitando unha das súas poesías "A Natureza" e tamén cantando cancións que se fixeron cos seus poemas. Foi unha experiencia marabillosa e emocionante que non imos esquecer nunca. Tamén visitamos unha Olería onde nos explicaron como se fan os diferentes obxectos tradicionais da nosa terra mediante o traballo dos oleiros e oleiras da Terra Chá.
O xantar fixémolo nun lugar precioso, a Carballeira de Santa Isabel e puidemos gozar do paso mainiño do río Miño. Que ben o pasamos!!!
Para rematar fomos coñecer a Lagoa de Cospeito, un humedal dos máis importantes da nosa Galicia.
O día non puído ser mellor, compartindo coas compañeiras e compañeiros aprendendo a nosa cultura e valorando a beleza da nosa paisaxe.
|
MANUEL MARÍA |
|
CASA MUSEO DE MANUEL MARIA EN OUTEIRO DE REI |
|
CASA MUSEO DE MANUEL MARIA EN OUTEIRO DE REI |
|
NO ESTUDO DO GRAN POETA
|
|
OLERÍA DE BONXE |
|
VENDO O TRABALLO DA OLEIRA PEPA LOMBAO |
|
CARBALLEIRA DE SANTA ISABEL |
|
CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA LAGOA DE COSPEITO |
|
MIRADOR DA LAGOA |
|
AVISTAMENTO DE AVES NA LAGOA |