Como cada ano fomos a A Coruña para asistir ao concerto didáctico:"A flor máis grande do mundo" e gustounos moito escoitar a voz de Emilio Aragón acompañada pola música. Se pechabas os ollos parecía que estabas onde o conto. Encántanos a música!!
O 25 de febreiro tivémola sorte de que os Bombeiros Forestais, viñeran a contarnos como é o seu traballo e canto se teñen que esforzar para manter os montes limpos.
Trouxeron diferentes traxes e tamén un camión onde puidemos subir para ver como era por dentro. O que máis nos gustou foi botar auga coa manga de rego porque saía con moitísima forza.
Grazas polo voso traballo!!!
Pasámolo moi ben nesta saída porque vimos a lura xigante, as tartarugas e o caldeirón no Museo de Ciencias Naturais. Tamén gustounos o Museo Naval, especialmente polos grandes barcos e as maquetas da cidade.
Este ano adicamos o Día da Paz a coñecer un pouco mellor á paquistaní Malala Yousafzai, galardoada aos 17 anos co Premio Nobel da Paz, pola defensa do dereito á educación das mulleres