FESTA DE NADAL 2014
Estamos moi content@s porque tivemos boas notas. Nos esforzamos moito e agora vamos gozar dunhas merecidas vacacións PARABÉNS!!!!
PREPARANDO O NADAL 2014
Como cada ano preparamos a nosa aula con moito agarimo e sen perder o espírito de solidariedade que debemos ter nestas datas, en que tantas familias están pasando por malos momentos.
MONICREQUES : IVAN E O LOBO GRIS
Pasámolo moi ben coa obra de Monicreques IVÁN E O LOBO GRIS. Foi unha sorpresa este agasallo de Nadal. Parabéns!!!
25N: DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO
Como cada ano conmemoramos o 25 de novembro contra a Violencia de Xénero, data na que todos os países do mundo lembran que o respecto ás mulleres debe de empezar na escola e na familia. Non o esquezades!!!
A GRANADA BAILARINA
A Granada Bailarina |
Para reivindicar o rico sabor da granada, tamén van participar na Festa da Froita Autóctona 2014 con varias receitas que anotamos seguidamente:
- Marmelada de granada con churros (Claudia e Mauro)
- Torta fría de granada (Aarón)
- Piruletas de chocolate con sementes de granada(Carlos)
- Torta de granada (Antón)
- Bizcoito de granada (Alex)
- Torta de queixo con marmelada de granada (Olga)
- Madalenas con granada (Sara)
PREPARANDO SAMAIN 2014
A nosa aula enchéuse de bruxas e esqueletes que nos teñen arrepiados....Que medo!!!! |
Tende coidado cando pasedes por 2º, porque se escoitan berros infernais..... |
ANIVERSARIO DE SOFIA E ANTON
Sofía e Antón recibiron a súa aperta de "osos amorosos" para celebrar o seu aniversario de SETE ANOS. FELICIDADES!!!!! |
FROITAS DE OUTONO: A GRANADA
Estamos a piques de celebrar o Samaín e a tradicional Festa da Froita e este ano nós estamos a traballar a GRANADA porque é unha froita típica de outono que ten moitas propiedades boas para a nosa saúde. Estade atent@s que imos dar interesantes noticias!!!
A milgranda é unha pequena árbore que pode alcanzar de
O froito, a granada, ten pel grosa e coriácea de cor
avermellada, dividida internamente en varios lóbulos que conteñen numerosas
sementes, cuxo número pode oscilar entre unhas 200 e unhas 1.400
A granada é un
froito rico en azucres, fósforo, calcio e ferro, vitaminas (A, B e C) e taninos. Este froito ten propiedades astrinxentes e antiinflamatorias.
Tamén é ideal para persoas con anemia, arteriosclerosis, hipertensión e
problemas estomacais, pero o máis importante é o seu poder contra o colesterol
Sábese que a milgranda se
cultivou desde hai polo menos 5000 anos en Asia
occidental e no Norte de África e hoxe o seu cultivo extendéuse
por todo o mundo
COMEDE GRANADAS!!!
COMEDE GRANADAS!!!
DESPEDIDA DE LEO
O noso compañeiro Leo marchou para Madrid e nos fixémoslle unha despedida con chuches e debuxos. Desexámoslle que sexa moi feliz no seu novo cole.
Ata sempre Leo!!!
INICIO DE CURSO 2014-2015
Benvid@s a un novo curso cheo sorpresas e novidades, como os tres novos compañeiros que chegaron ao noso equipo: Bruno, Mauro e Leo. Seguro que entre tod@s imos traballar moito e Aprender Xogando que é o noso lema,e non vos esquezades de que:
TOD@S SOMOS ESPECIAIS!!!
FIN DE CURSO 2013-2014 CONVIVENCIA EN GUITIRIZ
Este ano adicamos a convivencia de fin de curso a facer un recorrido pola terra de Xosé María Díaz Castro, Guitiriz. Alí poidemos visitar a casa do homenaxeado polas Letras Galegas do 2014. Foi moi interesante e pasámolo moi ben xogando e compartindo c@s compañeir@as.
MELLORES LECTOR@S DA BIBLIOTECA 2014
Este curso destacou Sara como Mellor Lectora 2014. Parabéns!!!
Tamén Raioteca destacou o traballo de Aarón, Inés e Claudia.
Tod@s Somos Especiais e moito máis lendo e mellorando cada día
MAIOS 2014
Como cada ano fixemos os nosos maios disfrutando moito. Quedaron de película, especialmente o do Mosteiro de Caaveiro. Vos deixo unha mostra!!!
TEATRO NA ESCOLA
Tivemos unha actuación do Grupo de Teatro Ledo, que escenificaron fabulosamente a vida de un neno e unha nena ata que chegan a adultos. Non deixedes de ver o vídeo tan divertido que desta obra.
DIA DO LIBRO 2014
Hoxe, no noso cole, celebramos esta data tan especial cunha actividade relacionada coa lectura:
O APADRIÑAMENTO LECTOR.
A nós tocounos compartir cos nosos compañeiros e compañeiras de 5º que nos apadriñaron.
Cada padriño ou madriña recibiron unha chapa identificativa e uns marcapáxinas para agasallar aos seus afillados ou afilladas.
Grazas RAIOTECA FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!!!
DIA DA POESIA 214
Este ano celebramos o Día da Poesía cunha actividade moi especial organizada por RAIOTECA, fixemos un poema ao estilo Dadaista que foi todo un éxito
CASA DO MEL E EMBALSE DO EUME 2014
8 DE MARZO. DIA INTERNACIONAL DA MULLER
Había unha vez un mozo ao que todo o mundo chamaba Cincento porque sempre estaba sucio. Pero é que limpaba chemineas, cociñaba, lavaba a roupa, varría, fregaba toda a louza, cosía, pasaba o ferro, sabía de pintura, sacaba o lixo, pero, ademais, axudaba á xente...
DIA DE ROSALIA DE CASTRO
O luns 24 de febreiro, celebramos o día de Rosalía.
Este ano o poema elixido foi Alborada, inspirámonos no libro-disco "Rosalía Pequeniña", na voz de Uxía e con ilustracións de Marina Seoane.
Tamén cantamos e recitamos para a celebración deste día.
Deixámosvos unha mostra do noso traballo.
DIA DA AMIZADE 2014
No Recanto dos Contos celebramos o Día da Amizade e para esta ocasión tan especial, os do 1º ciclo fixemos a lectura do libro titulado "Ser amigos" Quedounos fenomenal, porque falar de amor e de amizade, sempre nos gusta.
CONCERTO "A BELA ADORMECIDA"
Fomos ver a A Coruña "A Bela Adormecida", ballet con música de Tchaikovski, que nos gustou moito. Olga e Jostin nunca estiveran no Palacio da Ópera e quedaron marabillados coas lámpadas, o grande que é, e vendo á Orquestra Sinfónica de Galicia que tocaba desde a parte baixa do escenario.
Xa queremos volver!!!
DÍA DA PAZ 2014
O xoves 30 de xaneiro celebramos tod@s xunt@s o DÍA DA PAZ 2014 explicando por que celebramos este día e o seu significado. Despois fixemos unha presentación sobre a vida de Nelson Mandela, seguida dun cuestionario de preguntas.Tamén cantamos unha canción africana en honor a Mandela: "Jambo" Para rematar, cada curso explicounos o seu traballo en torno a unha das frases célebres de Mandela. Nós escollimos unha que nos encantou e que traballamos mediante debuxos fantásticos
Son o dono do meu destino, son o capitán da miña alma.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)