VISITA AO CASTELO DE ANDRADE
Fomos visitar o castelo para coñecer mellor o noso contorno e aprender un pouco da nosa historia, xa que este curso estamos traballando unha etapa ben importante: A Idade Media.
O castelo de Andrade ou dos Condes de Andrade, foi mandado construír por Fernán Peres de Andrade, O Boo, quen comezou as obras no ano 1369 sobre a ruína dunha antiga fortaleza. A partir do século XIV foi denominado como Alcázar dos Andrade.
No ano 1467 foi destruído a causa das revoltas irmandiñas e tal e como o coñecemos agora foi o resultado dunha profunda restauración levada a cabo polo arquitecto Tenreiro a instancia do duque de Alba no século XIX
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)