DIA DA POESIA 2013
Cada 21 de marzo celebramos o Día da Poesía desde que no 2001 a UNESCO, mediante esta acción, trata de resaltar a diversidade dos idiomas a través da expresión poética, así como de apoiar á poesía na súa tradición oral. Con motivo da actividade, RAIOTECA nos compartiu as bases do concurso FOTOPOEMA que podedes ver premendo na palabra. Finalmente comentarvos que cantamos con moita alegría a canción "María e a poesía" do libro "A nena e o grilo nun barquiño".
DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA 2013
AS MULLERES QUE NOS RODEAN
As mulleres que nos rodean, foi o noso proxecto do Día Internacional da Muller Traballadora este ano, consistente en resaltar a unha muller moi especial nas nosas vidas, e para enxalzala, escribimos un texto sobre os aspectos da súa personalidade e sobre as cousas máis importantes que vivimos con elas.
Ilustramos ás seleccionadas cunha foto e tamén participamos as profes.
Nós eliximos ás nosas nais, avoas, tías e madriñas. Parabéns a esas mulleres que co seu exemplo nos axudan a ser unhas mellores persoas e a respectar o traballo de tódalas mulleres do mundo!!!!
DIA DE ROSALIA DE CASTRO
ENTROIDO 2013
Este ano tocounos ser LOBOS e resultou moi divertido
facer un rap do conto "Os Sete Cabritos e o Lobo" cos
nosos compañeir@s de 1º que fixeron de cabritos.
As caretas quedaron fantásticas grazas ao traballo das
nosas familias que axudaran para que lográramos estar así de TERRORÍFICOOOSSSS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)