INGREDIENTES
1 cunca de fariña
4 ovos
1/2 cunca de azucre
1/2 cunca de aceite
1/2 limón
Pasas, noces, abelás e améndoas torradas
1 sobre de roial
PREPARACIÓN:
Bater os
ovos e engadir a fariña, o azucre, o roial, a raspadura de medio limón e o seu
zume. Remover todo para que quede ben mesturado.
Engadir as pasas á masa (enfariñalas previamente
para que non vaian ao fondo) e as noces ben picadas e mesturar todo moi ben.
Verter a mestura nun molde untado con manteiga e
enfariñalo.
Poñer no forno previamente précalentado e
cociñalo a 180 graos por 40 minutos
Cando o
biscoito xa estea frío, pódese cubrir con chocolate fondant e decorar con
améndoas.
TARTA DE NOCES ALEJANDRO
INGREDIENTES
1 1/2 quilos de noces
1/4 quilo de azucre
1/4 quilo de fariña
1/4 quilo de manteiga
4 ovos
1 cullerada de roial
1 cullerada de raspadura de limón
Azucre.
PREPARACIÓN
Cáscanse as noces, pártense á metade e se reservan.
Bátese a manteiga co azucre, se
lle van incorporando os ovos enteiros, de un en un, a raspadura de limón e a fariña co roial.
Vértese a masa nun molde
untado de manteiga, colócase unha capa de noces e así sucesivamente. Meter ao forno
con temperatura moderada uns vinte
minutos ata que o biscoito estea ben cocido. Xa frío se desmolda e se adorna
con noces.
BISCOITO DE NOCES SOFIA
INGREDIENTES:
3 ovos.
1 vaso de leite.
1 vaso de aceite.
2 vasos de azucre.
3 vasos de fariña.
1 sobre de roial.
raspadura de limón.
200
gr. de noces picadas.
PREPARACION:
Mestúranse tódolos ingredientes e se reservan as
noces. Cando esté todo l ben mesturado e a masa sexa uniforme, se lle engaden as
noces picadas.
Se precalenta o forno e se coce a 175 graos
durante 30 - 40 minutos
LICOR DE NOCES NICO
INGREDIENTES:
6 noces
1 litro de caña,
1/2 litro de auga
1/2 quilo de azucre
canela en rama.
PREPARACION:
Bótanse as noces na caña 6 días. Quéntase
o auga co azucre e se mestura todo
TRONCO DE CASTAÑA AARON
INGREDIENTES:
1 quilo de castañas
1/2 l de leite,
50 gr. de manteiga
125 gr. de chocolate
nata montada con azucre
PREPARACION:
Escaldalas castañas e pelalas, logo poñelas a cocer
co leite 20 ou 30 minutos a fogo lento.
Trituralas e mesturalas co chocolate e a nata a fogo lento removendo. Cando teñas
unha boa mestura, botala nun recipiente cuberto con papel anteadherente e metela
no frigorífico de 3 a
4 horas.
Cando estea ben
fría desmoldala e adornala con nata.
TRUFAS DE NOZ LUCIA
INGREDIENTES:
250
gr. chocolate en po
Medio
bote de leite condensada
200
gr. noces molidas
Unha xema
de ovo
Chocolate
raiado
PREPARACIÓN:
Mestura
o chocolate en po co leite condensada, as noces raiadas e a xema de ovo. Deixar
no conxelador e retiralo cando teña endurecido. Facer unhas boliñas e rebozalas
co chocolate raiado.
QUEIQUE
DE NOCES MARTÍN
INGREDIENTES:
1 iogur de limón
6 ovos
1 sobre de roial
2 iogures (de medida) de fariña
2 iogures de azucre
1 iogur de aceite
raspadura de un limón
noces peladas
PREPARACIÓN:
Batémolos ovos co azucre. Preparamos
nun prato a fariña mesturada co sobre de roial para que suba uniformemente.
Engadímolos ovos batidos, o iogur, o
aceite, a raspadura do limón e mesturamos todo ben. Pouco a pouco engadímola fariña
ata que non queden grumos.
Preparamos un molde untado de manteiga e
espolvoreamos con fariña.
Co forno previamente quente a 200ºC
vertemos o contido da mestura no molde. De seguido salpicamos por riba da
masa as noces picadiñas para que queden no
interior.
Despois de dez minutos de cocción,
abrímolo forno e rapidamente, para que non perda demasiada calor,
salpicamos outro puñado de noces troceadas, que se quedarán na parte superior
de queique.
Cocemos
como mínimo outros dez minutos e para saber si xa está feito, vemos a cor do queique e para máis
seguridade, pinchamos un palillo de madeira e si sae limpo, é que xa está listo.
BISCOITO DE
CHOCOLATE E FROITOS SECOS INÉS
INGREDIENTES:
100 grs. de manteiga
100 grs. de azucre
125 grs de améndoas picadas
200 grs de chocolate negro
50 grs
de fariña
100 ml de nata liquida
1 cullerada de roial
5 ovos
PREPARACIÓN:
Mesturámola
manteiga co azucre e engadimos as xemas dos 5 ovos.
Incorporámola
fariña e as améndoas picadas.
Fundimos
o chocolate a fogo lento e o mesturamos
ca nata líquida.
Engadimos
o chocolate fundido á mestura anterior.
De seguido montamos las claras de ovo e as incorporamos
pouco a pouco.
Vertémola
masa nun molde e a metemos no forno a 180º durante uns 45 minutos
aproximadamente.
FLAN DE CASTAÑAS CLAUDIA
INGREDIENTES:
1
litro de leite
12 xemas de ovo
500
gramos de castañas
250
gramos de azucre
unha rama de canela
PREPARACIÓN:
Cocelas castañas 15 minutos en agua e
pelalas. Despois as cocemos outra vez no leite e ca rama de canela 10-15
minutos. Aparte preparámolas doce xemas e as ligamos co azucre. Batemos todo e
vertémolo en moldes sobre caramelo. Seguidamente o metemos no forno quente a baño maría a 180-200 graos durante
40-50 minutos.
FLAN DE CASTAÑAS (II) RICHI e ROBER
INGREDIENTES:
1\2
quilo de castañas
250 gramos de azucre
4 ovos
1 vaso
de leite
vainilla en po.
PREPARACIÓN:
Pelamos as castañas e as poñemos a cocer ata
que podamos quitarlles a segunda pel. Una vez peladas, as poñemos a cocer cun
vaso de leite, 150 gramos
de azucar, a vainilla e cando estén desfeitas as pasamos por un coador, agregándolles
máis leite si fora preciso.
Seguidamente
mesturamos esta pasta cas 4 xemas e o resto do azucar removendo ben. Logo engadímolas claras a punto de neve, poñendo
todo nun molde untado de caramelo. Finalmente o cocemos a baño María.
MOUSSE DE NOZ OLGA
INGREDIENTES:
250
gramos de azucre glas
250
gramos de manteiga
250
gramos de noces peladas
4 ovos
un chorro de coñac
PREPARACIÓN:
Mestúrase o azucre coa manteiga na batedora ata que
quede feita unha crema. Engádense as xemas e se baten incorporando ao final as
noces molidas. Súbense as claras a punto de neve e se mesturan.
Úntase un molde con manteiga, se bota a mestura e se
introduce no conxeador.
Para servir se desmolda e se adorna por riba con noces
peladas.
TARTA DE FROITOS SECOS E MEL PABLO
INGREDIENTES:
Para a base:
250
gramos de fariña
3 cullerada de azucre
100
gramos de manteiga
Cuberta:
400
gramos de mel
100
gramos de manteiga derretida
100 gramos de noces partidas
100
gramos de améndoas partidas
150
gramos de pasas sen pebidas
PREPARACIÓN:
Desfacer a
manteiga ca fariña e mesturar co azucre, o ovo, a esencia.
Xunguir todo sen amasar incorporando
si es necesario unha ou dúas culleradas de auga. Manter na xeadeira 20 minutos.
Nunha pota derretir a
manteiga co mel e mesturala suavemente ata que se forme unha salsa acaramelada,
despois retirala do lume e engadirlle os froitos secos.
Volcar a preparación
sobre a tarta precocida e levar a forno medio 15 minutos.