Excursión á Illa de Ons
A illa de Ons é unha das compoñentes, xunto ás Cies, Sálvora e Cortegada do primeiro Parque Nacional de Galicia e por eso fomos visitala como viaxe de fin de curso 2009-2010.
Para chegar alí tivemos que ir ata a provincia de Pontevedra, un pouco lonxe, pero foi toda unha aventura, pois viaxamos en autobús, tren e barco, un catamarán que nos encantou. Poidemos disfrutar dos salseiros do mar desde a terraza do barco.
Foi fantástico! Xa queremos repetilo....
DIA DAS LETRAS GALEGAS 2010
Uxío Novoneyra, considerado un dos poetas máis relevantes en lingua galega de tódolos tempos, proxecta a súa obra enraizada na tradición e no popular.
Fillo de labregos, naceu na montaña lucense, en Parada do Courel, o 19 de xaneiro de 1930, e adicou a súa obra a inmortalizar a fermosa paisaxe da serra.
Nós fixemos unha pequena contribución a ensalzar a súa obra, representando o poema GALICIA, que destaca o noso sentir como galeg@s e facendo uns carteis que representan a súa vida.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)